Menu

domingo, 6 de enero de 2013

O aderezo de Concha.


Antes bautizado como O aderezo obradoiro, pois foi creado nas rúas de Compostela. Este xa ten dona e un fermoso conto que añadirlle a súa historia escrito  por Emilio Cambeiro e adicado a este.
Hai moito moito tempo. Na época na que os deus e os homes compartían a vida na terra, non era só unha lúa a que aparecía no ceo, pois eran tres as lúas que alumeban a noite.
As lúas eran poderosamente máxicas; desta maxia eran coñecedores os deuses, os cais tentaban unha e outra vez sen éxito roubarlle a maxia ás tres lúas da noite.
As lúas foron collendo cada vez máis medo, pois os intentos dos deuses eran cada vez maiores por roubarlles a súa maxia. Deste xeito as tres lúas decidiron aparecerse na terra na figura dunha nena pequena para poder atopar alí a unha boa persoa que lles axudara no seu plan para se liberar dos deuses.
A nena-lúa viaxou moito por toda a terra até poder encontrar á persoa axeitada. Descubriron unha moza de bo corazón e lle contaron o seu problema á vez que lle revelaron os secretos da maxia.
A moza e a nena-lúa tomaron a decisión que era preciso agochar os poderes dos tres astros da noite, pois tiñan medo que algún deus despiadado acadara estes poderes. Mais estes poderes non podían ser agochados sen ter unha moi boa proteción. Deste xeito a moza percorreu durante anos e anos a terra todana procura dos máis importantes símbolos da forza da terra e do mar. Colleu do mar o coral, e nel gardou a forza das augas todas. Colleu da terra o acibeche, e alí tamén garodou a forza toda das terras.
A moza creou unha base máxica onde agochar os poderes das tres lúas acompañados das forzas da mai terra. E só faltaba agora gardar tal forza.
Na noite do solsticio de inverno, noite no que as lúas permanecían máis tempo no alto ceo da noite, a moza apoiou o seu símbolo nunha lousa de pedra no máis alto da enorme montaña, deixando que as lúas alumearan co máis forte da súa luz o símbolo maxíco, gardando nel deste xeito a súa forza toda e dándolle e este a cor da luz da lúa.
E así foi como vos conto que a maxia da lúa, da terra e máis do mar andan gardadas nalgún símbolo que até o día de hoxe nin home nin deus conseguiu descifrar. Hai quen conta que o símbolo foi gardado durante anos e anos pola moza do bo corazón, e que co tempo ese símbolo vai pasando de persoa en persoa, e así deste xeito, nos tempos de hoxe o tal símbolo andará nas mans ou no pescozo de calquera persoa de bo corazón.
Emilio Cambeiro.







No hay comentarios:

Publicar un comentario