Menu
Mostrando entradas con la etiqueta ourive. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ourive. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de septiembre de 2016

A concha de bautismo para Martina.


A concha de bautismo para Martina.
Personalizada coa inicial M da meniña a que vai adicado o agasallo e ademais as firmas dos seus padriños.
Prata, cobre, pérola e cristal.
Remate.

lunes, 27 de julio de 2015

Os torques para Tomás e Noé.



Esta semana pasada desfrutamos moito no recanto coa creación dos torques para Tomas e Noé. Coma sempre o traballo en equipo funcionou moi ben inda ca distancia, onde dende Irlanda Noé nos explicaba o que desexaba ademais da fermosa historia que rodea o agasallo para Tomás, pois esta xoia estaba destinada a pedirlle compromiso. Un Compostelán e un Irlandés: acibeche tiña que telo sen dúbida, e forma de torque para dous loitadores como eles, decidindo tamén que levaría un nó celta como simbolismo da unión de dúas culturas irmáns para que se poideran usar de dous xeitos diferentes. Leo e mais eu nos puxemos mans a obra, e escollimos xunto con Noé un nó celta adapción deste por Alvaro Garcia.
Unha vez listas e no seu destino, enterámonos que a historia tivo un fermoso final, pois Tomás dixo que si Emoticón wink. Moitas grazas chicos por facernos formar parte doutra fermosa historia dende o recanto.

O anel para Ana.