Menu

viernes, 24 de mayo de 2013

O aderezo de Clara.

Unha xoia con historia propia,  historia que non remata aquí e  que acaba de comezar a súa andadura.No crecemento do seu significado polo decorrer do tempo…procesos.
Deseñado exclusivamente para Clara por encargo da súa tia , coa finalidade de que sexa un agasallo que perdure no tempo e con identidade propia.
aderezo de clara 5aderezo de clara 53
aderezo de clara 52aderezo de clara 57 (1)
Este traballo foi realizado por Susi Gesto dun xeito totalmente artesanal baixo a técnica da ourivería compostelá, os materiais para a sua realización son: cobre, prata, coral de cerdeña, madeira de ébano, buxo e teca.
O traballo de madeira foi feito por Ramón Santeiro artesán de madeira .
(O deseño de maquetación dos procesos  é de Ana Gesto)

martes, 19 de febrero de 2013

A lenda das xoias de Carmen e Inma.


susi gestoSusi Gesto.
No ano 754 da Nova Era comezou a guerra denominada polos vellos cronistas como a Grande Guerra dos dous Imperios. Nesa contenda que chegou a durar 27 anos enfrontáronse os dous maiores exércitos da altura, o exército do Este contra o do Oeste.
Hoxe en día sabemos que a liorta acabou sen vencedor claro, mais con moitos derrotados ao igual que todas as guerras. Do final dela, como xa vos referín, sabemos ben como foi, mais o que non se sabe aínda é o porqué de que esta guerra comezara. Houbo quen falou que a liorta comezou por causa das fronteiras e dos lindes, e tamén escoitouse que o problema, como pasa moitas veces, fora por causa dos amores entre príncipes e princesas. Até o día de hoxe non se sabía ou podía asegurar con total certeza a causa primeira da Grande Guerra dos dous Imperios, mais agora eivos contar a todos a verdadeira razón pola que os Emperadores do Este e máis do Oeste colleron as armas.
Todo lévanos á crenza das vellas historias máxicas dos comezos dos tempos. Nas crenzas de tesouros agochados, de dragóns poderosísimos e de pedras preciosas de máxicos poderes. Historias, enfín, que tan só servían para entreter a nenos e tolos, mais por estrañas razóns que se descoñecen, houbo un tempo no que se cría totalmente nelas, como se foran historias certas.
Case cen anos antes da Grande Guerra, os dous imperios comezaran unha búsqueda titánica polas entrañas da terra. No comezo pensábase que esta búsquedafora na procura de ouro, prata e outros nobles metais, mais pronto entre o sabio círculo druídico comezou o rumor que o que en verdade comezara nas terras dos imperios non era outra cousa que a búsqueda do Cristal Máxico dos Desexos. Case a totalidade dos druidas tomaban a existencia deste cristal máxico como un simple conto, unha historia de vellos e rapaces ou de tolos e soñadores,mais un pequeno grupo dos máis sabios entre estes druídas comezaron a se preocupar, pois as vellas lendas falaban que o Cristal Máxico dos Desexos gardaba unha das máxias máis antigas e poderosas da Terra e según os contos este cristal tiña a propiedade de realizar as vontades de aquela persoa que o gardaba no seu poder. Así, polo tanto, resultaría realmente perigoso que de existir este caera nunha man erronea. Deste xeito comezou tamén unha outra búsqueda do máxico e lendario Cristal a maiores da búsqueda comezada polos dous imperios. Fálase que houbo un secreto grupo duns poucos druídas que se uniron para tamén comezar a búsqueda do cristal, e unha vez atopado gardar del para que nada malo puidese pasar no mundo.
Mais todo o que se contaba naquela altura e tamén na época actual non deixa de ser contos e historias fantásticas. O Cristal Máxico dos Desexos nunca apareceu. Non foi atopado por ningún dos dous imperios, nin polo imperio do Este nin polo imperio do Oeste. Hai lendas que falan que o Cristal Máxico dos Desexos aínda está agochado no máis interior da terra; hai quen di que se agocha no máis centro dos océanos; tamén hai quen di que o Cristal Máxico dos Desexos fora atopado polo grupo secreto dos druídas, mais que estes conseguiron camuflalo nun brazalete, nunha pulseira ou nun colgante, e que algúns dos vellos druidas adoptaron a forma de pequenas bolas de cobre que acompañan ao máxico cristal para que nada malo lle poida pasar. Mais todo isto que vos estou a contar non deixan de ser vellas historias para entreter a vellos e rapaces, a tolos e soñadores.
O texto é de Emilio Cambeiro, escrito e adicado a estas pezas.




lunes, 11 de febrero de 2013

Camafeo de ámbar.


susi gesto.Susi Gesto
O camafeo que luce Clara, está montado en cobre e prata coa técnica da ourivería compostelana.

O aderezo e pendentes para Martina.

Prata, acibeche e coral de cerdeña.
798275_4847410677614_1856315365_oIMG_6976
O conxunto de pendentes e aderezo para Martina, foi un traballo no que me sentín moi a gusto e moi perto dela inda na distancia.
No corazón do aderezo agóchase un segredo moi especial coa pegada doutras mans as que adoramos nolas dúas. E como non podía ser doutro xeito estas "xoias" teñen unha futura historia que contar ademáis da que xa ten.

lunes, 21 de enero de 2013

Bosquexos a carta.

Bocetos a la carta.
Orfebrería tradicional gallega.
Bosquexo de sapo de tres corpos..
En moitas ocasións sucede que alguén quere facer algunha peza, mais personalizala según o seu gusto personal, o que mellor lle senta polas súas faccións e ter tamén a oportunidade de poder cambiar o material dalgún modelo en particular, incluso que prefira un modelo xa feito mais que lle quitaría algo ou llo poría a maiores.
O bo das pezas artesanáis e feitas por encargo é que dá a posibilidade de crear algo único, algo cun carácter moi particular, como a propia persoa a que está dirixida.
Na ourivería compostelá hai multitude de combinacións, hai quen prefire acibeche e prata envellecida; pola contra tamén hai clientes que cambian o acibeche por unha pedra diferente ou simplemente por unha media bola, preferindo o metal brillante sen pátina.
Algo que está a mudar actualmente é o uso que se lle está a dar ao sapo tradicional de dous e tres corpos que ata non hai moito era usado para acompañar aos traxes rexionais. Actualmente hai unha demanda para usalo en diferentes contextos máis convencionáis ou, o máis usual para lucir nun momento especial e telos como un tesouro  polo carácter simbólico que demostran.  Polas súas formas e materiais usados  son un símbolo de identidade propria.
Pezas que pasan de xeración en xeración, non son un artigo de tendencia e moda, son moito máis que iso. Son auténticas xoias.
Susi Gesto.

viernes, 11 de enero de 2013

A carruaxe máxica da princesa do reino da Terra do Oeste.


Un conto adicado a cuncha máxica de alicia, escrito por Emilio Cambeiro.
colgante de acibeche, cobre, prata e coral.

Contan as vellas historias que no reino das Terra do Oeste, hai moitos moitísimos anos vivía unha pequena e linda princesiña. Á pequena princesiña gustáballe moito rir e xogar no grandísimo castelo do seu pai, o rei, e así anosa pequerrechiña amiga pasaba o día todo a sorrir e todos dicían dela que era moi moi boa, e todas as persoas do reino estaban profundamente namoradas do seu sorriso, o máis fermoso sorriso de todo o mundo.
Unha tarde de verán, estando a princesiña a xogar cuns amiguiños, o rei achegouse a ela, pois tiña algo moi importante que lle dicir á pequena. O rei colleuna nos seus fortes brazos e lle dixo: -Ven comigo princesiña, téñoche que amosar algo moi importante.- A pequena non imaxinaba que o que seu pai lle ia ensinar cambiaría para sempre a súa vida.
O rei levouna ao máis alto do castelo, ao mirador da Torre de Todos os Mares, a torre máis alta e máxica de todas as torres que se recordan. Desde o alto da Torre o rei e a princesa podían ver o inmenso mar que rodeaba ao reino das Terras do Oeste. Sentaron a mirar o mar e agardar á chegada da noite, das estrelas e máis da lúa, pois o que o pai lle tiña que amosar só podería ser coa chegada da noite.
Cando a noite escureceu e terra o rei apoiouse na ventá da alta torre e lle dixo á princesiña que mirara para a lúa, a cal estaba completamente chea. A princesiña mirouna completamente fascinada. Mais pasados uns minutos á princesiña pareceulle ver algo que baixaba da lúa. O rei sorriu e díxolle: Mira miña nena. Xa chega o noso carro.- E en efecto, do máis alto da lúa estaba baixando o carro máis fermoso xamais visto por ninguén, tirado por quince cabalos máxicos da cor da lúa e levado por un cocheiro todo vestido de vermello.
A princesiña quedou completamente sorprendida sen imaxinar nunca a cousa máxica que estaba a ver. Un máis fermosísimo carro negro voante que nunca vira ninguén! O carro máxico achegouse á torre e o señor cocheiro do traxe vermello, facendo unha reverencia, abriulles a porta do carro ao rei e máis á princesiña. Estes montaron no carro que rapidamente comezou a voar tirado polos quince cabalos máxicos e guiados polo cocheiro.
O rei e máis a princesa a voaron por riba da terra toda en dirección ao mar, mentres o rei lle ia contando á pequena a historia do carro e da cuncha máxica. Mira pequena. -Comezou a falar o rei.- A nosa familia remóntase aos anos do comezo dos mundos. Naquela época a fada da lúa achegouse no precioso carro tirado por cabalos máxicos á Terra do Oeste. Alí faloulle ao rei que precisaba da súa axuda, pois era preciso que alguén se encargara dun dos traballos máis importantes para o bo funcionamento da terra, o de facer que o mar baixara e subira pouco a pouco cada seis horas, para así axudar a que os ríos verteran as súas augas no mar e que este tivera cada vez máis e mellor auga.Para iso era preciso voar cada noite de lúa chea sobre os mares e achegar ás augas o amuleto máxico. – Nese momento a princesiña lle preguntou ao pai: Mais de que amuleto estás a falar?- aí o rei sacou da súa roupa un precioso e máxico colgante en forma de cuncha negra, o cal comezou a brillar como nunca antes brillara ningunha xoia do mundo enteiro.
Mira pequeniña. – dixo o rei.- Este é o amuleto que garda a nosa familia desde hai moitísimos anos. Somos os responsables de facer que a marea suba e baixe, e para iso a fada da lúa axúdanos mandándonos a noite de lúa chea ao máis alto da Torre de Todos os Mares o seu carro máxico tirado polos quince fermosísimos cabalos da lúa. -Nese momento o rei colleu a man da princesa e pousou sobre ela o máxico colgante mentres lle dicía.-E de agora en diante miña nena, ti serás a responsábel de que o amuleto continúe a facer o seu traballo.
Desde ese día en diante hai moitas persoas que contan que os días de lúa chea desde a mesmísima costa do reino da Terra do Oeste, se miras ben forte e con moitas ganas cara o ceo, pódese ver un fermosísimo carro máxico tirado por quince cabalos da cor da lúa e guiados por un cocheiro de traxe vermello surcando as estrelas todas, mentres no interior do carro unha pequena princesiña co sorriso máis lindo do mundo, saca da súa roupa o máis fermoso e brillante amuleto. O amuleto da cuncha negra.

Emilio Cambeiro. 11-1-2013.







domingo, 6 de enero de 2013

O aderezo de Concha.


Antes bautizado como O aderezo obradoiro, pois foi creado nas rúas de Compostela. Este xa ten dona e un fermoso conto que añadirlle a súa historia escrito  por Emilio Cambeiro e adicado a este.
Hai moito moito tempo. Na época na que os deus e os homes compartían a vida na terra, non era só unha lúa a que aparecía no ceo, pois eran tres as lúas que alumeban a noite.
As lúas eran poderosamente máxicas; desta maxia eran coñecedores os deuses, os cais tentaban unha e outra vez sen éxito roubarlle a maxia ás tres lúas da noite.
As lúas foron collendo cada vez máis medo, pois os intentos dos deuses eran cada vez maiores por roubarlles a súa maxia. Deste xeito as tres lúas decidiron aparecerse na terra na figura dunha nena pequena para poder atopar alí a unha boa persoa que lles axudara no seu plan para se liberar dos deuses.
A nena-lúa viaxou moito por toda a terra até poder encontrar á persoa axeitada. Descubriron unha moza de bo corazón e lle contaron o seu problema á vez que lle revelaron os secretos da maxia.
A moza e a nena-lúa tomaron a decisión que era preciso agochar os poderes dos tres astros da noite, pois tiñan medo que algún deus despiadado acadara estes poderes. Mais estes poderes non podían ser agochados sen ter unha moi boa proteción. Deste xeito a moza percorreu durante anos e anos a terra todana procura dos máis importantes símbolos da forza da terra e do mar. Colleu do mar o coral, e nel gardou a forza das augas todas. Colleu da terra o acibeche, e alí tamén garodou a forza toda das terras.
A moza creou unha base máxica onde agochar os poderes das tres lúas acompañados das forzas da mai terra. E só faltaba agora gardar tal forza.
Na noite do solsticio de inverno, noite no que as lúas permanecían máis tempo no alto ceo da noite, a moza apoiou o seu símbolo nunha lousa de pedra no máis alto da enorme montaña, deixando que as lúas alumearan co máis forte da súa luz o símbolo maxíco, gardando nel deste xeito a súa forza toda e dándolle e este a cor da luz da lúa.
E así foi como vos conto que a maxia da lúa, da terra e máis do mar andan gardadas nalgún símbolo que até o día de hoxe nin home nin deus conseguiu descifrar. Hai quen conta que o símbolo foi gardado durante anos e anos pola moza do bo corazón, e que co tempo ese símbolo vai pasando de persoa en persoa, e así deste xeito, nos tempos de hoxe o tal símbolo andará nas mans ou no pescozo de calquera persoa de bo corazón.
Emilio Cambeiro.