Menu

sábado, 1 de diciembre de 2012

San eloi. O noso patrón .(Santiago de Compostela)

IMG_4301

 

A miña ollada de San Eloi.

Santo sen cruz mais coa cuncha de acibeche, elementos estes que resaltan a súa identidade compostelá, o cal tamén queda reflexado no manto de espirais de filigrana que adornan as súas vestiduras . Nas súas mans, as dúas ocupadas,  destaca na esquerda o cetro e na dereita o seu inconfundible martelo , estensión da fermosa e indispensable ferramenta de todos os artesáns, as mans.

O patrón dun oficio cheo de maxia dirixido ao desfrute do pobo, da  cultura popular dun país, non só das ordes relixiosas como así na súa orixe que era só para uns poucos. Patrón dos mestres que dignifcaron un oficio cheo de simbolismo e de marcaxe na historia. Acadando este oficio cos séculos a importancia que se merece.

En Santiago de Compostela temos a nosa propia imaxe deste, creado no ano 2000 con moítisima ilusión por diferentes e recoñecidos ourives como R. Rivas Mejuto, S. Mayer Garea, Julio Lado Martínez, J. Eloy Gesto , R. Rivas Casal, E. Fink Fernández, Artesanía Pampín, L. Gesto Beiroa e M. Vilas Novas. A figura foi realizada en prata, marfil, madeira de castaño, acibeche, ouro, amatistas e circonitas, sendo depositado polo Gremio de Ourives no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.

O noso San Eloi posúe identidade propia galega, ben pola ollada e polas mans que o crearon ou ben pola materia prima coa que foi realizado, por iso é realmente especial e único.

Susi Gesto-Ourive. 1-12-2012