Menu

martes, 20 de noviembre de 2012

O sapo galego. Teorías sobre a súa denominación.


IMG_9972
O sapo,  que será o protótipo da ourivería tradicional Galega, procede da imitación das xoias de peito de multiples corpos en forma triangular invertida,  e mesmo dos rosarios de perolas rematados cun colgante piriforme que adornaban os escotes.En Galicia o sapo, que é a alternativa tradicional, acadará o perfil de xoia por excelencia pola sua variedade, riqueza decorativa e compromiso estético coas formas que se labraban no pais. Se ben e consecuencia directa das formas eruditas, a sua filiación cos modos do barroco Compostelán e as virtudes profilácticas e moráis que recibe dos agnus dei vanlle dar unha difusión amplisíma en toda a nosa xeografía e, esquecendo as referencias cultas a súa independencia é tan firme que aparece como paradigma deste artesanado.
"O seu nome procede da voz castelá conque se coñecían as rosas de peito, chamadas popularmente galapago.A denominación ven suxerida pola sua semellanza coas formas acorazonadas das tartarugas, ao constar dunha forma aconvexada adornada con pedras preciosas en cabuxóns(e dicir, pulidas en convexo sin facetar).O sapo, cunha extruturación ornamental desenvolvida en plano, recolle esta identificación zoomorfica cun animal menos distante, que cos seus ollos saltóns e pel berrugosa concita esta analoxía. Deixaremos de lado as alegóricas representacións do sapo nos bestiarios mediaváis para lembrar a súa iconoloxía popular máis primitiva, que o identificaba co organo sexual feminino e con todo o proceso reproductivo.
Fernando Martínez Vilanova."A  ourivería tradicional en Galicia".
Pola contra, para o antropólogo Rafael Quintía o termo “sapo” podería vir da abreviatura de sapoconcho, termo galego para designar o galápago. Xa que logo, a denominación de “sapo” para nomear este tipo de alfaia podería ser unha simple tradución do termo castelán galápago, independentemente do carácter zoomorfo da peza. Malia o dito, engade Quintía, que:
Existe unha relación entre colgantes profilacticos e sapos xa que, como remedio para trata-lo mal de pezoña e o aire de bicho, pendurábase ó pescozo unha bolsiña negra que levaba dentro un sapo seco. Había que colle-lo sapo vivo e metelo nun bote pechado ata que morrese alí dentro de fame e ficase o seu corpo todo seco polo tempo. Despois metíase este sapo na bolsa que se cosía cunha cinta e este amuleto había que portalo pendurado ó pescozo polo tempo necesario para que remitise o mal. Así se recolleu no concello pontevedrés de Vilaboa. Tamén se usaba como amuleto unhas figuriñas que representaban ó sapo e que se ataban ós pulsos para librarse do mal de aire.
TÍTULO: Cornos, cairos, pezuños e outros amuletos de orixe animal.AUTOR: Rafael Quintía Pereira.Revista electrónica Galicia Encantada. Ano 2010.ISSN: 1887-2859




domingo, 11 de noviembre de 2012

Sapo de dous corpos&Susi Gesto

Prata, acibeche e coral.Feito a man.
sapo de dous corpos pequeno&Susi Gesto

“OURIVES”, FILLOS DO OFICIO.

 

Fillo, pai e avó, da saga Gesto.

 

Herdeiros dun oficio que chega desde os tempos do pasado xa case esquecidos pola brétema dos anos. Fillos dunha tradición e coñecedores dos segredos dunha cultura.Nenos criados ao son do martelo no ingre, da calor e das cores do lume, do movemiento e da maxia das mans modelando metais e natureza. Sabedores do segredo e da clave de pintar lenzos no metal tan só coa axuda das ferramentas e das mans, algo que se acada coa experiencia dos anos e do oficio. Nacendo e vivindo rodeados de liñas, trazos, sombras e momentaneos soños de creatividade.

Fillos da identidade dun pobo, responsables de que as seguintes xeracións sexan testigos dun modo de vida, dun modo de pensamento, do valor do traballo feito coas mans.

Fillos do cobre, do bronce,do ferro, da prata e do ouro. Fillos da materia da cal está feita a natureza e que nalgunha hora tornouse xoia coa axuda das mans e do saber, acadando o súa misión estética ou funcional no seu presente e converténdose co pasar do tempo en memoria de valiosos tesouros; tesouros máis simbólicos que materiais que pasaron e pasarán a través de xeracións.

“Ourives”, fillos de pais que ensinaron o que eles antes aprenderan. Pais de fillos que sentirán de igual modo o mesmo orgullo por este oficio de mestres.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Eloy Gesto- Ourive Compostelán.

Mostra de Ouriveria.

ELOY GESTO, nun video inédito, facendo unha mostra de ourivería galega no pais nipón, que data do ano 1996. Adicado aos que valoran a artesanía galega e o feito a man, pois este video e un exemplo de que a beleza final destas pezas, requiren moito cariño, arte e sensibilidade. Disfrutadeo!!

jueves, 1 de noviembre de 2012

Saudade Galega, arte e tradición, sabor a orballo e pedra, harmonía e composición…

 

 

 

Xoiería Taaroa .O noso rincón.

correo electrónico-taaroa.sl@gmail.com.

Orixe da ourivería galega.

 

En Portugal a ourivería ten unhas constantes similares ás que se desenvolven en España. En Lisboa é moi alta a nómina de ourives, distinguíndose xa o ourive do xoieiro.

Ourive será o que traballe o ouro e a prata dourada mentres o xoieiro engastará pedras preciosas.

Dende o 1954, era habitual esta aprendizaxe do oficio en Portugal, e dende o pais veciño chegará a Galiza unha ourivería refinada.A variedade ornamental, os motivos, a delicadeza do traballo(que contrasta coa basta elaboración astorgana) subministrarán certificados técnicos de acreditación do oficio. Pero sobre todo virá unha identidade psicolóxica moi afín que contará con axentes dunha e outra banda, e que especialmente no século XVII propiciará o embrión da ourivería galega, moi próxima as patentes lusas.

Co tempo producirase un fluxo inmigrante de ourives que quedan en Galiza ante a crecente demanda do gremio. A maioría deles crearían sagas profesionáis que darán cobertura a varias xeracións.

A ourivería tradicional en galicia.Fernando Martínez Vilanova.