Menu

martes, 23 de octubre de 2012

Colares e Ourivería Galega&Susi Gesto.

 

IMG_1356

Antigamente os colares na Galiza usábanse como adornos do traxe de gala. Facíanse de acibeche, que é unha variedade de lignito duro de cor negro. As pezas de acibeche pulíanse para lograr as formas desexadas: bágoas, ovalada,para as contas de cor vermella usábanse os coráis…. Os anacos desprezados (lascas) empregábanse para adornar os traxes nas súas diferentes modalidades de bordado. Os mellores artesáns de acibeche encontábanse en Santiago de Compostela. O seu uso chegou a ser tan extenso que existiron dúas fábricas de Abelorios en Mondoñedo.

. A sabiduría popular outorgaba ao acibeche porderes contra o “mal de ollo”, pola súa cor negra e brillante. As mulleres xa o usaban nos seus traxes de festa e, cando vestían de faena, levaban pezas deste prendidas na parte interior da camisa.

Os colares hoxe en día, son un complemento do máis habitual, e existindo unha gran variedade de mesturas que se poden acadar con diferentes materias primas, en función do que cada un esté disposto a pagar.

Moitos dos colares actuáis para o traxe tradicional galego, elabórase en gran medida con cristáis de cor negro,abelorios, ou onix, e os complementos metálicos que eles levan soen ser cascarillas de metal chapadas ou cromadas.Cada abalorio vai anudado de un en un,as veces con fios de diferentes cores, para rematar nunha borla regulable, ou nun peche de reasa para poder enganchar o sapo ou aderezo.

Na maioría das ocasións sexan dun material o outro soen ser pezas que se gardan de xeración en xeración coma un tesouro, que pasan a formar parte da nosa memoria e das nosas raigames.

No hay comentarios:

Publicar un comentario