Menu

martes, 16 de octubre de 2012

Ourivería Galega&Susi Gesto- Tradición&Innovación.

IMG_9972

 

Na colección de ourivería predomina o uso da filigrana tradicional compostelá xunto con diferentes pedras semipreciosas, sendo o acibeche a principal das pedras traballadas, dándolle, iso si, o meu propio estilo particular.

Non existe ningunha peza froito da miña creacion que sexa das mesmas características doutra, non existen copias entre elas, pois considero de capital importancia que a miña obra destaque pola súa exclusividade.Co paso do tempo fun engadindo un novo metal, o cobre, nas miñas composicións. A mestura deste xunto a prata na ourivería acada unha terminación realmente singular. Perfecta combinación para xente con personalidade propia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario