Menu

martes, 19 de febrero de 2013

A lenda das xoias de Carmen e Inma.


susi gestoSusi Gesto.
No ano 754 da Nova Era comezou a guerra denominada polos vellos cronistas como a Grande Guerra dos dous Imperios. Nesa contenda que chegou a durar 27 anos enfrontáronse os dous maiores exércitos da altura, o exército do Este contra o do Oeste.
Hoxe en día sabemos que a liorta acabou sen vencedor claro, mais con moitos derrotados ao igual que todas as guerras. Do final dela, como xa vos referín, sabemos ben como foi, mais o que non se sabe aínda é o porqué de que esta guerra comezara. Houbo quen falou que a liorta comezou por causa das fronteiras e dos lindes, e tamén escoitouse que o problema, como pasa moitas veces, fora por causa dos amores entre príncipes e princesas. Até o día de hoxe non se sabía ou podía asegurar con total certeza a causa primeira da Grande Guerra dos dous Imperios, mais agora eivos contar a todos a verdadeira razón pola que os Emperadores do Este e máis do Oeste colleron as armas.
Todo lévanos á crenza das vellas historias máxicas dos comezos dos tempos. Nas crenzas de tesouros agochados, de dragóns poderosísimos e de pedras preciosas de máxicos poderes. Historias, enfín, que tan só servían para entreter a nenos e tolos, mais por estrañas razóns que se descoñecen, houbo un tempo no que se cría totalmente nelas, como se foran historias certas.
Case cen anos antes da Grande Guerra, os dous imperios comezaran unha búsqueda titánica polas entrañas da terra. No comezo pensábase que esta búsquedafora na procura de ouro, prata e outros nobles metais, mais pronto entre o sabio círculo druídico comezou o rumor que o que en verdade comezara nas terras dos imperios non era outra cousa que a búsqueda do Cristal Máxico dos Desexos. Case a totalidade dos druidas tomaban a existencia deste cristal máxico como un simple conto, unha historia de vellos e rapaces ou de tolos e soñadores,mais un pequeno grupo dos máis sabios entre estes druídas comezaron a se preocupar, pois as vellas lendas falaban que o Cristal Máxico dos Desexos gardaba unha das máxias máis antigas e poderosas da Terra e según os contos este cristal tiña a propiedade de realizar as vontades de aquela persoa que o gardaba no seu poder. Así, polo tanto, resultaría realmente perigoso que de existir este caera nunha man erronea. Deste xeito comezou tamén unha outra búsqueda do máxico e lendario Cristal a maiores da búsqueda comezada polos dous imperios. Fálase que houbo un secreto grupo duns poucos druídas que se uniron para tamén comezar a búsqueda do cristal, e unha vez atopado gardar del para que nada malo puidese pasar no mundo.
Mais todo o que se contaba naquela altura e tamén na época actual non deixa de ser contos e historias fantásticas. O Cristal Máxico dos Desexos nunca apareceu. Non foi atopado por ningún dos dous imperios, nin polo imperio do Este nin polo imperio do Oeste. Hai lendas que falan que o Cristal Máxico dos Desexos aínda está agochado no máis interior da terra; hai quen di que se agocha no máis centro dos océanos; tamén hai quen di que o Cristal Máxico dos Desexos fora atopado polo grupo secreto dos druídas, mais que estes conseguiron camuflalo nun brazalete, nunha pulseira ou nun colgante, e que algúns dos vellos druidas adoptaron a forma de pequenas bolas de cobre que acompañan ao máxico cristal para que nada malo lle poida pasar. Mais todo isto que vos estou a contar non deixan de ser vellas historias para entreter a vellos e rapaces, a tolos e soñadores.
O texto é de Emilio Cambeiro, escrito e adicado a estas pezas.




lunes, 11 de febrero de 2013

Camafeo de ámbar.


susi gesto.Susi Gesto
O camafeo que luce Clara, está montado en cobre e prata coa técnica da ourivería compostelana.

O aderezo e pendentes para Martina.

Prata, acibeche e coral de cerdeña.
798275_4847410677614_1856315365_oIMG_6976
O conxunto de pendentes e aderezo para Martina, foi un traballo no que me sentín moi a gusto e moi perto dela inda na distancia.
No corazón do aderezo agóchase un segredo moi especial coa pegada doutras mans as que adoramos nolas dúas. E como non podía ser doutro xeito estas "xoias" teñen unha futura historia que contar ademáis da que xa ten.