Deseñado exclusivamente para Clara por encargo da súa tia , coa finalidade de que sexa un agasallo que perdure no tempo e con identidade propia.
Este traballo foi realizado por Susi Gesto dun xeito totalmente artesanal baixo a técnica da ourivería compostelá, os materiais para a sua realización son: cobre, prata, coral de cerdeña, madeira de ébano, buxo e teca.
O traballo de madeira foi feito por Ramón Santeiro artesán de madeira .
(O deseño de maquetación dos procesos é de Ana Gesto)