Menu

martes, 20 de noviembre de 2012

O sapo galego. Teorías sobre a súa denominación.


IMG_9972
O sapo,  que será o protótipo da ourivería tradicional Galega, procede da imitación das xoias de peito de multiples corpos en forma triangular invertida,  e mesmo dos rosarios de perolas rematados cun colgante piriforme que adornaban os escotes.En Galicia o sapo, que é a alternativa tradicional, acadará o perfil de xoia por excelencia pola sua variedade, riqueza decorativa e compromiso estético coas formas que se labraban no pais. Se ben e consecuencia directa das formas eruditas, a sua filiación cos modos do barroco Compostelán e as virtudes profilácticas e moráis que recibe dos agnus dei vanlle dar unha difusión amplisíma en toda a nosa xeografía e, esquecendo as referencias cultas a súa independencia é tan firme que aparece como paradigma deste artesanado.
"O seu nome procede da voz castelá conque se coñecían as rosas de peito, chamadas popularmente galapago.A denominación ven suxerida pola sua semellanza coas formas acorazonadas das tartarugas, ao constar dunha forma aconvexada adornada con pedras preciosas en cabuxóns(e dicir, pulidas en convexo sin facetar).O sapo, cunha extruturación ornamental desenvolvida en plano, recolle esta identificación zoomorfica cun animal menos distante, que cos seus ollos saltóns e pel berrugosa concita esta analoxía. Deixaremos de lado as alegóricas representacións do sapo nos bestiarios mediaváis para lembrar a súa iconoloxía popular máis primitiva, que o identificaba co organo sexual feminino e con todo o proceso reproductivo.
Fernando Martínez Vilanova."A  ourivería tradicional en Galicia".
Pola contra, para o antropólogo Rafael Quintía o termo “sapo” podería vir da abreviatura de sapoconcho, termo galego para designar o galápago. Xa que logo, a denominación de “sapo” para nomear este tipo de alfaia podería ser unha simple tradución do termo castelán galápago, independentemente do carácter zoomorfo da peza. Malia o dito, engade Quintía, que:
Existe unha relación entre colgantes profilacticos e sapos xa que, como remedio para trata-lo mal de pezoña e o aire de bicho, pendurábase ó pescozo unha bolsiña negra que levaba dentro un sapo seco. Había que colle-lo sapo vivo e metelo nun bote pechado ata que morrese alí dentro de fame e ficase o seu corpo todo seco polo tempo. Despois metíase este sapo na bolsa que se cosía cunha cinta e este amuleto había que portalo pendurado ó pescozo polo tempo necesario para que remitise o mal. Así se recolleu no concello pontevedrés de Vilaboa. Tamén se usaba como amuleto unhas figuriñas que representaban ó sapo e que se ataban ós pulsos para librarse do mal de aire.
TÍTULO: Cornos, cairos, pezuños e outros amuletos de orixe animal.AUTOR: Rafael Quintía Pereira.Revista electrónica Galicia Encantada. Ano 2010.ISSN: 1887-2859




No hay comentarios:

Publicar un comentario